Outros proxectos

O Caderno Mangouras

Data de estrea: 12-06-2020
  • Idea e creación: Xron

Un encargo do Centro Dramático Nacional para a sección #Historiasenhilo de La Ventana del CDN.

Unha historia creada para twitter durante o confinamento da primavera de 2020, que se publicou ao longo do venres 12 de xuño na conta do CDN. O Caderno Mangouras é unha historia que mestura realidade e ficción a partir dun suceso que establece unha conexión entre a catástrofe medioambiental do Prestige de 2002 e a pandemia provocada pola Covi-19 en 2020: diante da escaseza de material sanitario nos hospitais públicos galegos polos recortes sistemáticos na sanidade pública durante os últimos dez anos, algúns hospitais da costa solicitaron que se lles cedesen traxes, máscaras e luvas do Prestige que a xente tivese gardado. Descubriuse que eran moitas as persoas e concellos que gardaban aínda aquel material e que cederon axiña para facer fronte á Covid-19.

Podes seguir o fío completo nesta ligazón:

https://twitter.com/centrodramatico/status/1271351577077579776