Teatro

Helen Keller, a muller marabilla?

A pregunta que se fará moita xente ao ver o título da obra é a mesma que nos fixemos cando Chusa nos propuxo traballar sobre esta historia: Quen demo é Helen Keller? Despois de dous anos investigando seguimos sen ter clara a resposta. Hai quen di que foi unha muller marabillosa. Outra xente afirma que non é unha persoa real, que case todo o que se conta dela é falso. Unha invención. Outra historia que se deixa confundir entre o real e a ficción. Aí poden estar as respostas que nos interesan.

ESTREA 15 FEBREiRO! ENTRADAS XA Á VENDA!
Teatro
Ultranoite #112

A Ultranoite cumpre 30 anos e celebra a súa edición 112 recuncando no salón de baile do Liceo de Noia para gozar como é debido dun espectáculo de variedades que fai un repaso crítico da actualidade

ObradoirosOutros proxectos
Narrativas de futuro

Imaxinar futuros desexables que poidan inspirar os cambios necesarios para superar o cambio climático é o obxectivo deste proxecto en común de Chévere, Feitoría Verde e grupo SEPA da USC.

Outros proxectos
Materiais para un arquivo da cultura submarina. Sala Nasa. 1992-2011

Exposición. Selección de materiales procedentes del archivo de la Sala Nasa.

Teatro
N.E.V.E.R.M.O.R.E. (versión adaptada)

Esta é unha versión adaptada a espazos que non dispoñan de tremoia. O contido da obra e as escenas mantense integramente. Só se prescinde dos elementos colgados e dos movementos das varas.

Outros proxectos
O Navegante (unha viaxe a bordo da Sala Nasa)

Unha novela gráfica que reconstrúe e recrea a memoria da Sala Nasa (1992-2011) desde a mirada dun neno que se criou entre as súas paredes.

Outros proxectos
CHÉVERE (1987-2022) Trinta e cinco anos de axitación cultural

Un libro-catálogo que adopta a forma dunha autobiografía dialogada para documentar as historias que se cruzaron na traxectoria do grupo Chévere

IgualdadeOutros proxectos
Pequenas mentiras para contar grandes verdades

Conferencia performativa de Patricia de Lorenzo sobre o proceso de creación dalgúns dos personaxes que interpretou nas obras de Chévere nos últimos quince anos.

Teatro
N.E.V.E.R.M.O.R.E.

A memoria ás veces é tan pegañenta como o chapapote. Por iso acabamos por levar ao escenario a historia da catástrofe do Prestige.

Ficción sonora
Dramawalker Vite

Un proceso de mediación e creación escénica sobre a memoria do barrio de Vite guiado pollo grupo Chévere, e feito en coproducción co Centro Dramático Nacional e o Centro Dramático Galego.

TeatroIgualdade
As Fillas Bravas e o mito de Casandra

Tres mulleres maiores de aldea cantareiras e bravas tratan de entender o cambio climático a través dos mitos clásicos para facerlle fronte aplicando a sabedoría popular e o humor.

Teatro
Curva España

Unha peza que ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo, thriller e autoficción.

Audiovisual
Eroski Paraíso, o filme

Adpatación cinematográfica da obra de teatro orixinal de Chévere. Unha comedia documental sobre o desarraigo de toda unha xeración.

Igualdade
O día que as mulleres gobernemos o mundo todo será distinto

Charla teatralizada en colaboración con Promove, sobre a igualdade entre homes e mulleres e sobre os prexuízos que siguen rodeando a percepción socail do feminismo.

TeatroIgualdadeBerberecheiralab
Anatomía dunha serea

Unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia personal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica.

TeatroIgualdade
As Fillas Bravas de Momán

As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta, porque son fillas do vento, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.