Outros proxectos

O Navegante (unha viaxe a bordo da Sala Nasa)

Data de estrea: 25-11-2022

Libro 96 páxinas b/n 17x25 cm. Primeira edición: novembro 2022. Segunda edición: xaneiro 2023. Coa colaboración de Deleite.

xullo 2023
Sábado 01 13:00 H

Manuel Barreiro: Unha viaxe a bordo da Sala Nasa | Sermos Galicia 4 febreiro 2023

O álbum de debut de Tristán Ron é unha pequena alfaia que repasa a historia da Sala Nasa. O autor constrúe unha narración biográfica trepidante na que desprega unha grande habilidade no guión e no apartado gráfico. Destaca a capacidade de Tristán para desenvolver un trazo solto que é quen de facer máis ou menos concreto en función das necesidades de cada viñeta. No formal é unha obra audaz, que amosa unha interesante capacidade para o encadre e un talento innato para a composición das páxinas, mais, por riba de calquera cousa é impresionante a mestría no uso das masas de negro, algo que non é doado e que Ron é quen de manexar cunha destreza sorprendente nunha primeira obra.

A Nasa baixo a ollada do grumete Tristán Ron

O que lemos, Librería Komic. 28 novembro 2022
Fermosas páxinas moi ben construídas de imaxes evocadoras, por momentos oníricas, altérnanse con outras case hiperrealistas nas que a utilización de perspectivas ou encadres cinematográficos arriscados crean un atractivo engadido tanto para os que percorrimos eses espazos moitas veces, como para os que non os coñeceron nunca á vez que van aportando credibilidade e realismo.


Segunda edición xa nas librarías!
A sala Nasa foi un espazo de investigación, produción e exhibición artística creado polo grupo Chévere, construído coa suma de moitas voces e sensibilidades, que desbordou o ámbito cultural para fundar unha especie de praza aberta e autónoma nun arrabaldo da cidade de Santiago de Compostela. Trinta anos despois da súa apertura en 1992, O Navegante achégase ás historias que se cruzaron na Nasa, contadas desde a mirada dun neno que se criou entre as súas paredes. Algo que inevitablemente leva a historia a outra dimensión, transformando un relato autobiográfico nunha aventura de iniciación chea de elementos fantásticos.

Ese neno que agora volve á Nasa para debuxala é Tristán Ron Ferreirós. Naceu en Compostela en 1998. Nesta cidade comezou a súa formación na Escola de arte Eco e despois co debuxante Fran Bueno. Fixo o bacharelato de artes no IES de Sar. Estudou BB.AA. na Universidade Politécnica de Valencia. Máster de animación dixital na BAU Centre Universitari D'arts i Disseny de Barcelona. Animación 2D na Escola de Cinema de Barcelona. O Navegante é o seu primeiro cómic publicado.
Puntos de venda

Santiago de Compostela

Libraría Komic: Rúa de San Pedro de Mezonzo, 34, 15701 Santiago de Compostela. Tlf. 981 59 32 80

Libraría Couceiro: Praza de Cervantes, 6, 15704 Santiago de Compostela. Tlf. 981 58 62 37

A Coruña

Alita Cómics: Avenida Finisterre 99B 15004 A Coruña 981 905 202 / Rúa Orzán 94B 15003 A Coruña 881 914 647

Libraría Berbiriana: Rúa Santiago, 7, 15001 A Coruña 981 00 45 54

Ames

Libraría Lenda: Pza. Mahía, 3, 15220 Ames-Bertamiráns 981 94 15 17

Vigo

Libraría Banda Deseñada: Rúa Portela, 3 (Calvario) 36205 Vigo 986 12 95 71

Pontevedra

Libraría Paz: Rúa Peregrina, 29, 36003 Pontevedra 986 86 04 71

Cangas

Libraría Wells: Praza do Arco, 5, 36940 Cangas 986 30 73 62

Lugo

Libraría Trama: Av. de A Coruña, 21, 27003 Lugo 982 25 40 63

Ourense

Sindicato del cómic: Rúa Doutor Marañón, 15, 32005 Ourense 623 06 36 87

Allariz

Aira das letras: Rúa Emilia Pardo Bazán, 5 baixo, 32660 Allariz 988 44 23 24

Aira das letras libraría online: https://tenda.airadasletras.gal/ga/libro/o-navegante_62255