Teatro

O show sincero de Ana Pudor e Javi Abraira

Data de estrea: 01-03-1999

Ana é extrovertida, exuberante, arrebatadora. Un cruce de camiños entre La Bella Otero e La Polaca. Unha muller á que sempre sentimos moi próxima. Javi é eficaz, discreto, impasible na execución e, ante todo, a personificación da paciencia. O contrapunto, o complemento, a cara oculta, o reverso. Javi é o músico pero nunca o comparsa. O Show Sincero é o anaco de imán que agrupa os dous polos. Un espectáculo de música e palabras. Unha selección de cancións que, indo desde o tango ao berlín-cabaret, e pasando polo standard-jazz, o baião ou o blues, non son máis [nin menos] que un percorrido polos homes que incidiron na vida desta estrela.