Teatro

Tentacular

Tentacular é un espectáculo musical, teatral, circense e audiovisual de gran formato, con ambientación submarina, feito dentro dunha carpa de circo, con participación de 42 artistas de distintas disciplinas e procedencias. O espectáculo forma parte da caravana da Cultura Circula, un proxecto cultural itinerante que inclúe dúas grandes carpas de circo, un pasarrúas, un autobús de hackeractivismo, obradoiros, proxeccións, concertos... O proxecto achegou a carpa a oito cidades e vilas galegas e o pasarrúas a outros 16 concellos repartidos por toda Galicia.