Outros proxectos

Recomendacións para facer accesibles as artes escénicas

Data de estrea: 01-02-2025

DESCARGA O DOCUMENTO QUE ACHEGAMOS

Este documento foi elaborado nun Grupo de Traballo mixto formado por persoas xordas, intérpretes de lingua de signos e o equipo do grupo Chévere, que decidiron impulsar un espazo de comunicación, intercambio de ideas e debate para mellorar as condicións de accesibilidade da comunidade xorda ás artes escénicas e á cultura. Durante os meses de febreiro, marzo e abril de 2025 desenvolvéronse unha serie de xuntanzas, que deron como resultado o seguinte documento, que se pode descargar. Conscientes de que a accesibilidade é unha cuestión que atinxe a todo o sector, achegamos estas recomendacións a administracións públicas, teatros, auditorios, casas de cultura, compañías de teatro, produtoras e xestores culturais para que as teñan en conta nas súas politicas de acccesibilidade.