Pages
ICTUS é unha obra sobre a memoria, sobre a relación que existe entre boa memoria e boa democracia e sobre os traumas sen resolver coa nosa memoria histórica. Unha obra que usa como fío condutor o cadro titulado “A derradeira leición do mestre”, a derradeira pintura que Castelao asina no exilio, cando está case cego.
Chévere recibe un accésit na VIII Edición dos Premios PEL ás mellores iniciativas empresarias da provincia, outorgados pola Deputación da Coruña
O sábado 29 de novembro ás 19h faremos un acto de presentación do novo proxecto escénico de Chévere para 2026, titulado ICTUS (anatomía de 'A derradeira leición' de Castelao)
Para a nova creación Chévere temos a intención de incorporar a persoas nativas para que realicen o signado en escena e participen na acción escénica xunto ao resto de actrices e actores.
En setembro volve a Ultranoite á Capitol! O cabaré político que fai escarnio coa actualidade enfróntase a un mundo dominado por ultrarricos. Humor sen arancel. Crítica con denominación de orixe.
No mes de maio de 2025 Kalandraka Editora publica en forma de libro o texto das Fillas Bravas de Momán cun completo apéndice fotográfico. Está dispoñible en todas as librarías galegas
Presentamos o documento elaborado nun Grupo de Traballo mixto formado por persoas xordas, intérpretes de lingua de signos e o equipo do grupo Chévere.
Corcubión, mirando máis alá do horizonte, é un paseo sonoro autoguiado para descubrir as historias ocultas de Corcubión, imaxinándoa coma se fose unha Macondo da fin do mundo.
Unha campaña espallada polas redes sociais afirma que Helen Keller é un fake e inclúe unha petición en change.org para eliminala da historia. Por que se nega a Helen Keller agora?
Imaxinar futuros desexables que poidan inspirar os cambios necesarios para superar o cambio climático é o obxectivo deste proxecto en común de Chévere, Feitoría Verde e grupo SEPA da USC.
Unha novela gráfica que reconstrúe e recrea a memoria da Sala Nasa (1992-2011) desde a mirada dun neno que se criou entre as súas paredes.
Un libro-catálogo que adopta a forma dunha autobiografía dialogada para documentar as historias que se cruzaron na traxectoria do grupo Chévere
Conferencia performativa de Patricia de Lorenzo sobre o proceso de creación dalgúns dos personaxes que interpretou nas obras de Chévere nos últimos quince anos.
Un proceso de mediación e creación escénica sobre a memoria do barrio de Vite guiado pollo grupo Chévere, e feito en coproducción co Centro Dramático Nacional e o Centro Dramático Galego.
Adpatación cinematográfica da obra de teatro orixinal de Chévere. Unha comedia documental sobre o desarraigo de toda unha xeración.
