O libro das Fillas Bravas

Non hai datas programadas
Ver anteriores datas
López Penide: De cantareiras y teatro. La Voz de Galicia, 11 maio 2025
Unha das máis recentes incorporacións é "As Fillas Bravas de Momán", libro no que Kalandraka recompila o texto completo dunha obra que o grupo Chévere leva representando máis de dez anos e ao que engade un apéndice con fotografías que percorren esta longa década de historia e compromiso con achegar a cultura ata o último recanto de Galicia.
Xoán Domínguez: As Fillas Bravas de Momán, no tetro e nas librarías. Nós Diario, 15 maio 2025
Chega ás librarías o libro de As Fillas Bravas de Momán, unha das obras máis recoñecidas e representadas de Chévere. Publicado pola editorial Kalandraka, o volume forma parte da súa Biblioteca de Teatro, unha colección que leva oito anos consolidando a dramaturxia galega contemporánea en formato editorial.
A editorial Kalandraka vén de publicar dentro da súa colección Biblioteca de Teatro un libro co texto completo da obra e un apéndice con numerosas fotografías, que se suma a outros títulos de Chévere xa publicados como Eroski Paraíso, Citizen, Río Bravo, Annus Horribilis e outros musicais e a autobiografía Chévere 1987-2022 trinta e cinco anos de axitación cultural.
Kalandraka Editora vén de publicar dentro da súa colección Biblioteca de Teatro un libro co texto completo da obra de teatro As Fillas Bravas de Momán, que se suma a outros títulos de Chévere xa publicados como Eroski Paraíso, Citizen, Río Bravo, Annus Horribilis e outros musicais e a autobiografía Chévere 1987-2022 trinta e cinco anos de axitación cultural.
O libro consta de 56 páxinas e un apéndice con numerosas fotografías da traxectoria das Fillas Bravas desde 2014. O prezo de venda ao público é 13€. Pódese atopar en calquera libraría galega.
As Fillas Bravas de Momán presentarase na Feira do Libro de Santiago o domingo 11 de maio ás 19,30h, oficiando como condutoras as propias personaxes da obra: Isaura da Pinanta, Dosinda de Cachán e Benedita de Cachán, que ademais de cantar algunha copla creada para a ocasión, conversarán e asinarán os exemplares do libro ás persoas que se acheguen ata o Paseo central da Alameda.