Projects

Outros proxectos

Chévere Accésit Premios PEL 2026

Data de estrea: 19-06-2026

Chévere recibe un accésit á traxectoria empresarial

Desde o ano 2016 os Premios PEL da Deputación da Coruña distinguen, dan visibilidade e poñen en valor aquelas iniciativas empresariais que impulsen cambios reais no ámbito socioeconómico e deixen a súa pegada no territorio.

Estes premios recoñecen ás mellores iniciativas empresariais da provincia, fomentando a súa imaxe positiva e realzando o seu papel fundamental como xeradoras de riqueza, emprego e benestar, contribuíndo a sostibilidade, fomentando a cultura emprendedora e potenciando o rural.

Nesta VIII edición Chévere recibe o recoñecemento na categoría de "Traxectoria empresarial" polo seus case 40 anos de actividade, acadando un impacto salientable no ámbito territorial, social, cultural e profesional, a través de numerosas iniciativas e producións de diversos formatos, que chegaron no seu conxunto a moitos milleiros de espectadorxs de varias xeracións, a todos os recantos do territorio galego e a todas as comunidade autónomas de España, ademais doutros países europeos, latinoamericanos e africanos.

Este recoñecemento a Chévere serve para visibilizar que unha compañía de teatro, unha empresa de artes escénicas, ademais da súa capacidade de transformación social e cultural, tamén xera unha actividade económica que contribúe a redistribuír a riqueza por todo o territorio e ten un indubidable impacto positivo na creación e mantemento de empregos nun sector como o escénico, que recibe mínimos investimentos públicos comparado con calquera outro.