Pages

Foto do equipo coas mesmas posicións, xestos e actitudes do cadro de Rembrandt titulado A lección de anatomía do Dr. Tulp
  • Audiodescrición Audiodescrición
  • LSE (Lingua de signos española) LSE (Lingua de signos española)
Teatro
ICTUS (anatomía de 'A derradeira leición' de Castelao)

ICTUS é o novo proxecto de Chévere en co-produción co Centro Dramático Nacional. Quizais o maior desafío escénico que teñamos asumido ata agora pola complexidade para abordar o tema desde o teatro.

A estrea será no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela os días 20, 21 e 22 de febreiro de 2026.

Estas funcións facémolas a billeteira, polo que as entradas só estarán á venda a través da plataforma ataquilla.com e o día das funcións na billeteira do Auditorio desde unha hora antes do comezo....

Estrea 20, 21, 22 febreiro 2026!!!
Teatro
Acto de presentación da nova obra de Chévere no Culturgal
  • LSE (Lingua de signos española) LSE (Lingua de signos española)

O sábado 29 de novembro ás 19h faremos un acto de presentación do novo proxecto escénico de Chévere para 2026, titulado ICTUS (anatomía de 'A derradeira leición' de Castelao)

Teatro
OBRADOIRO-AUDICIÓN PARA PERSOAS XORDAS
  • LSE (Lingua de signos española) LSE (Lingua de signos española)

Para a nova creación Chévere temos a intención de incorporar a persoas nativas para que realicen o signado en escena e participen na acción escénica xunto ao resto de actrices e actores.

Teatro
ULTRANOITE #116
Foto tomada desde o escenario da Sala Capitol no saúdo final. Integrantes do elenco da Ultranoite miran á camara sorrindo. Ao fondo, o público en pé aplaudindo.
  • LSE (Lingua de signos española) LSE (Lingua de signos española)

En setembro volve a Ultranoite á Capitol! O cabaré político que fai escarnio coa actualidade enfróntase a un mundo dominado por ultrarricos. Humor sen arancel. Crítica con denominación de orixe.

Outros proxectos
O libro das Fillas Bravas

No mes de maio de 2025 Kalandraka Editora publica en forma de libro o texto das Fillas Bravas de Momán cun completo apéndice fotográfico. Está dispoñible en todas as librarías galegas

TeatroIgualdade
As Fillas Bravas de Momán 2025
As Fillas Bravas sentadas coas súas pandeiretas, acompañadas das intérpretes de lingua de signos
  • Audiodescrición Audiodescrición
  • Lectura fácil Lectura fácil
  • LSE (Lingua de signos española) LSE (Lingua de signos española)

As fillas bravas son tres mulleres que tocan, cantan e bailan o que lles peta, porque son fillas do vento, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.

Outros proxectos
Recomendacións para facer accesibles as artes escénicas

Presentamos o documento elaborado nun Grupo de Traballo mixto formado por persoas xordas, intérpretes de lingua de signos e o equipo do grupo Chévere.

Ficción sonora
Audioguía ficcionada en Corcubión

Corcubión, mirando máis alá do horizonte, é un paseo sonoro autoguiado para descubrir as historias ocultas de Corcubión, imaxinándoa coma se fose unha Macondo da fin do mundo.

Teatro
Helen Keller, a muller marabilla?
Cartel do espectáculo Helen Keller, a muller marabilla? A imaxe amosa unha man articulada en cor branco cunha estrela no pulso, en forma de puño en alto. O fondo é vermello e negro
  • Audiodescrición Audiodescrición
  • LSE (Lingua de signos española) LSE (Lingua de signos española)

Unha campaña espallada polas redes sociais afirma que Helen Keller é un fake e inclúe unha petición en change.org para eliminala da historia. Por que se nega a Helen Keller agora?

ObradoirosOutros proxectos
Narrativas de futuro

Imaxinar futuros desexables que poidan inspirar os cambios necesarios para superar o cambio climático é o obxectivo deste proxecto en común de Chévere, Feitoría Verde e grupo SEPA da USC.

Outros proxectos
O Navegante (unha viaxe a bordo da Sala Nasa)

Unha novela gráfica que reconstrúe e recrea a memoria da Sala Nasa (1992-2011) desde a mirada dun neno que se criou entre as súas paredes.

Outros proxectos
CHÉVERE (1987-2022) Trinta e cinco anos de axitación cultural

Un libro-catálogo que adopta a forma dunha autobiografía dialogada para documentar as historias que se cruzaron na traxectoria do grupo Chévere

IgualdadeOutros proxectos
Pequenas mentiras para contar grandes verdades

Conferencia performativa de Patricia de Lorenzo sobre o proceso de creación dalgúns dos personaxes que interpretou nas obras de Chévere nos últimos quince anos.

Ficción sonora
Dramawalker Vite

Un proceso de mediación e creación escénica sobre a memoria do barrio de Vite guiado pollo grupo Chévere, e feito en coproducción co Centro Dramático Nacional e o Centro Dramático Galego.

TeatroIgualdade
As Fillas Bravas e o mito de Casandra
Pintura que representa ás Fillas Bravas, rodeadas de toxos e cun fondo de árbores. Isaura está a dereita tocando a pandeireta. Dosinda no centro apoiada nun pau e Benedita á dereita cun brazo en alto.

Tres mulleres maiores de aldea cantareiras e bravas tratan de entender o cambio climático a través dos mitos clásicos para facerlle fronte aplicando a sabedoría popular e o humor.

Audiovisual
Eroski Paraíso, o filme

Adpatación cinematográfica da obra de teatro orixinal de Chévere. Unha comedia documental sobre o desarraigo de toda unha xeración.