Arantza Villar

Actriz, asistente de dirección (Compostela, 1976)

Arantza Villar ten formación en interpretación, voz, clown, teatro de rúa, danza contemporánea, improvisación, cabaré, flamenco...

No ano 2007 entra a formar parte do elenco do espectáculo de teatro científico “Alá no fondo hai sitio abondo” Forma parte do proxecto "As Fillas Bravas" desde o ano 2014. É colaboradora habitual das Ultranoites e ten participado noutros espectáculos premiados da compañía como “Citizen” (2010), “Eurozone” (2013), “Ultranoite no País dos Ananos” (2014) e como asistente de dirección en "Eroski Paraíso" (2016) e "Divinas Palabras Revolution" (2018). Tamén forma parte do equipo de formación dos obradoiros que imparte Chévere.

Premios
Finalista na categoría de mellor actriz por “Bilingüe” no Festival de Cans 2009. Nominación Premios María Casares Actriz Secundaria por Eurozone 2014.

Proxectos nos que traballa Arantza Villar